ADIVA DO EUME, SL é beneficiaria, para o seu proxecto de rehabilitación da vivenda, típicamente mariñeira, da Praza das Angustias, 6, para ser adicada a Pensión 2 estrelas, ” A ZAPATARÍA”.
Actualmente atópase en fase de execución de obra tendente a poñer en valor e en condicións de uso para o fin previsto o inmoble para o que foi concedida a axuda.
A axuda concedida, por importe de 133.885,53€ é financiada nun 70% polo FONDO EUROPEO MARÍTIMO, DE PESCA E DE ACUICULTURA (FEMPA) e nun 30% pola XUNTA DE GALICIA a través da Consellería do Mar ao abeiro da ORDE de 28 de decembro de 2023 que regula as axudas para proxectos de Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021 – 2027 (Convocatoria ano 2024).